Blogia
Andresadas

San Marino - España... Líder deportivo do ano...

San Marino - España... Líder deportivo do ano... Nada máis e nada menos que case oito millóns e medio de espectadores (exactamente 8.496.000 teleespectadores), seguiron o último partido de clasificación para o Mundial da selección española fronte a San Marino. Estamos ante o acontecemento deportivo máis visto de todo o ano, por riba das carreiras de Fernando Alonso nos grandes premios de Fórmula I. Os espectadores superaron en dous millóns ó anterior partido da selección fronte a Bélxica, supostamente, unha selección de maior rango, xa que, San Marino non gañou nin un so partido da fase de clasificación. Desta maneira, Antena 3, a cal acadou os dereitos dos partidos da selección para estes dous encontros... Ademais, é posible que sexa esta canle a que tamén retransmita o partido de repesca da selección, e tamén puxará polos partidos de Champions League dos equipos españois o ano que vén, ó igual que o Mundial de Alemaña do ano que vén. No día de onte, o 2º programa máis visto foi Hospital Central, con case cinco millóns e medio de audiencia... Se non houbese fútbol, probablemente sería esta serie o líder de audiencia... A ver que pasará coa repesca... Será máis vista que este partido?

0 comentarios